martes, 27 de septiembre de 2016

Reflexión del Módulo 1. Sonia Villanueva

Tema 1: Marco de Referencia de la Orientación Laboral

Tema 2: El Mercado Laboral

Tema 3: Certificación y Formación Profesional

Tema 4: La política social y de empleo de la Unión Europea

Tema 5: La iniciativa emprendedora como forma de acceso al Mercado Laboral

TEMA 1: MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACION LABORAL

O Sistema Nacional de Emprego é o conxunto de estruturas, medidas e accións necesarias para promover e desenvolver a política de emprego. Está integrado por:
SEPE (servizo de emprego público estatal): Encargado da ordenación, desenvolvemento e seguimento de programas de políticas de emprego.
SPEG (servizo de emprego público de Galicia): Unidades das administracións autonómicas coordinadas cos servizos de políticas activas de emprego.
Distínguese entre políticas activas, os programas e medidas de orientación, emprendemento e formación destinadas a mellorar as posibilidades de acceso e mantemento do emprego e, políticas pasivas, medidas de protección para as persoas desempregadas.
Para acelerar a recuperación e a creación de emprego, a reforma do mercado laboral articula unha serie de medidas urxentes adicionais de fomento da contratación e a creación de emprego, como son, a reducción das cotizacións, medidas para favorecer os contratos estables e medidas aplicables aos beneficiarios das prestacións por desemprego.
Dende Europa, crease a Estratexia Europea de Emprego 2020, un marco para países da UE para compartir e coordinar as políticas de emprego propias que se asenta no crecemento intelixente, sustentable e integrador.

TEMA 2: O MERCADO LABORAL

Está composto pola oferta e a demanda de emprego. Dúas corrientes de pensamento, a clásica e a keynesiana explican o funcionamento do mercado laboral e as causas e os efectos do paro.
Atopamos dous indicadores do mercado de traballo, a enquisa de poboacion activa (EPA) e a taxa de emprego.
Debido o dinamismo e variabilidade do mercado de traballo actual, é importante coñecer o seu funcionamento na zona a tratar e do comportamento das ocupacións para poder tomar unha decisión en relación ao obxectivo profesional que se busque.
Os cambios experimentados polo mercado de traballo propiciaron Novos Xacementos de Emprego que son o conxunto de actividades que posuían maior capacidade de potenciar novos empregos, ben no sentido de sectores cuxa demanda non se atopa cuberta polo mercado ou en novos sectores que xeran novas demandas.
Como consecuencia, a prospección do mercado de traballo e esencial, xa que se trata dun conxunto de procedementos, metodoloxías e sistemas de análise do mercado laboral, realizados en cooperación e diálogo permanente co tecido empresarial e outros axentes sociais, que permiten dispoñer de previsións reais a curto e medio prazo das necesidades cuantitativas e cualitativas de recursos humanos nas empresas e daqueloutras que apoien a competitividade das mesmas.
Dende a Administración Pública se creou tanto o Observatorio de Ocupacións do SEPE (centrado no estudo das tendencias do mercado laboral) e o Observatorio de Ocupacións do SPEG (centrado na proporción de información clave para o desenvolvemento de políticas para a formación profesional).

TEMA 3: CERTIFICACION E FORMACION PROFESIONAL

Hai que diferenciar entre cualificación profesional (conxunto de competencias profesionais que poden ser adquiridas mediante a formación e a experiencia laboral) e a competencia profesional (conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da producción e o emprego).
O Sistema Nacional das Cualificacións elaborou un Catálogo Nacional das Cualificacións para desenvolver as ofertas para a Formación Profesional (identificadas en 25 familias e 5 niveis de cualificación).
A Acreditacion de Competencias (RD 1224/2009), é o procedemento de acreditación das mesmas adquiridas a través da experiencia laboral ou formación non formal. Pola súa banda, os Certificados de Profesionalidade, é a formación para o emprego que acreditan con carácter oficial as competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral

TEMA 4: POLITICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNION EUROPEA

A Unión Europea e os gobernos nacionais comparten a responsabilidade en temas de políticas de emprego, asuntos sociais e inclusión.
A Estratexia de Crecemento Europa 2020, ten como obxectivo crear postos de traballo, dinamizar e equilibrar os mercados laborais e supervisar as politícas de emprego cos paises da UE.
Púxose en marcha Rede Eures, a Rede Europea de Servizos de Emprego que proporciona información, asesoramento e contratación a traballadores e empresarios que desexen beneficiarse do dereito a libre circulacion de traballadores.
Fondo Social Europeo é un exemplo de fondo estrutural europeo de finanzamento de politicas de emprego. Consiste en aumentar as oportunidades de emprego, promover a educación e a aprendizaxe permanente, mellorar a inclusión social, axudar a combater a pobreza e mellorar a capacidade das administracións públicas para dar mellor servizo aos cidadáns e solicitantes de emprego.
Pola súa banda o Programa PROGRESS, é un instrumento de financiamento a nivel da UE para promover un alto nivel de calidade e de emprego sostible, garantir unha protección social adecuada, loitar contra a exclusión social e a pobreza e mellorar as condicións de traballo.

TEMA 5: A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO O MERCADO LABORAL

Informe GEM (Global entrepreneurship Monitor) e un documento sobre o emprendemento e a creación de empresas
As tradicionais formas de emprendemento, empresas de construcción e hostelería dan paso as empresas de Economía Social, onde o seu obxetivo principal e o de cubrir necesidades e non o de obter o maximo beneficio.
O emprendemento social materialízase en cooperativas, sociedades laboráis, centros especiais de emprego, empresas de inserción. Non só contribúen á xeración de riqueza no seu contorno, senón que o fan de forma sustentable, desenvolvendo sectores socialmente necesarios e prevalecendo o mantemento da empresa e do emprego.
Existen medidas encamiñadas a fomentar o autoemprego e a creación de empresas pero non é suficiente que aumenten en número senón que é necesario facelas máis exitosas. Os orientadores laboráis poden axudar a persoa emprededora a realizar o seu Plan de Empresa, usando do método CANVAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario